Contos e Lendas da Lanzada
|
|
Transcribo un belísimo poema do poeta pontevedrés Sabino Torres Ferrer, un canto A Virxe da Lanzada, do libro
ONDAS DO MAR COMIGO, A CARON DO MAR DA LANZADA
Branca, como unha vela,
coma unha gaivota branca;
sorrindo sempre, e triste,
Soa. Asemella unha dorna
Acougada nun berce en augas preguizosas.
Na capela de pedra, se encadea
sen tempo, e en soidade agarda,
agarda sempre, erguida,
na compaña do estourar do mar
e o silvo largacío do vento
que é seu canto.
(Nudez na noite;
ansiedade por atinxir un soño,
un latexo profundo ainda sen pulso.
Laiase a apaisonada carne;
Nove coiteladas, nove ondas,
Aloumiño das tusa mans de neve branca)
Rachón de vela en vento calmo,
chama de albar deitada no seo de luada,
soidosa na pedra gris, outeas
como unha gaivota,
branca.
por
Xefe do Departamento de Galego do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra
Asistimos hoxe ao nacemento dunha nova criatura e temos que felicitarnos todos os presentes, mellor temos que felicitar á nai da criatura, a Alba, por este novo ser e por ser o seu padriño e prologuista un dos máis respectados escritores galegos, nada menos que Xosé Luís Méndez Ferrín. En primeiro lugar podémonos preguntar se foi unha xestación moi longa.. Alguén pode pensar: vaia, son cousas da Alba, agora que se xubilou abúrrese e dálle por escribir e pintar.. Pois erra, algúns dos presentes somos testemuñas das moitas voltas que leva dado este libro, das sucesivas versións e correccións, das pelexas de Alba cos ordenadores, da cantidade de horas que leva investido nel desde hai ben anos.. Pero, a verdade, pagou a pena, xa o verán cando o lean.
En segundo lugar podemos preguntarnos polos devanceiros desta criatura, se ten algún ADN coñecido. Pois si. En 1985, hai 26 anos, Caixa Ourense publicaba Contos e lendas da Limia Baixa. O autor era Euloxio Paz, o pai de Alba. O libro comeza cun fermoso consello aos lectores: “non precures neste libro outra cousa que pasar o tempo”. E pásase ben o tempo coa fala, os costumes e as teimas das xentes limegas. Eran xa persoas adiantadas á actual campaña contra o tabaco. No segundo conto alguén pide un cigarro… e o conto segue así:
abriu a cigarreira e o primeiro que vin foi un retrato dunha muller que eu non coñecía.
- E logo é a túa muller? Preguntei dubidoso
- Non, oh, é a miña sogra. Respondeu.
- E quéreslle tanto para traela aquí dentro?
E el respondeu: É pra non fumar
Di o refrán que “o que se herda non se compra” e xa vemos que neste caso con Alba non se equivoca. Ademais cada xeración debe mellorar a anterior, é lei de vida. Dos Contos e lendas da Limia Baixa pasamos aos Contos e lendas da Lanzada (vexan a homenaxe xa no título).. Da montaña ao mar, sempre os de Ourense invadindo as nosas praias.. Pero neste caso benvida sexa a ourensá, porque canta, revaloriza e converte en personaxes de ficción as xentes do Grove e de Sanxenxo, cuxa toponimia inza o libro: Monte Cabo, Aios, Outeiriño, San Vicente, Noalla, Foxos, o Soutullo, o cabo da Lapa, o con de Arbón, monte Sidadella…
Porque todo este libro é unha homenaxe sentida á xente destes pobos. Alba asentou en Noalla e soubo enraizar ben alí, comprender aquel mundo, meterse entre as persoas e escoitalas, escoitalas para aprender delas. Pero hai un segundo paso que é transformar todo iso que ela foi recollendo en literatura, en contos que nos axudan a pasar o tempo (como dicía seu pai) pero ben escritos, con humor e con xeito. Alba naceu na ourensá rúa da Paz na que vivían nada menos que D. Ramón Otero Pedraio e D. Vicente Risco. Algo se lle debeu pegar.
E falando de escritores galegos, vexamos en terceiro lugar cales son os novos parentes que agora ten este libro na nosa literatura.
Cando no limiar lemos: ó ancián tío Antón, outrora gran animador e comunicador, na súa vellez ninguén o escoita, agás a súa defunta muller. lembramos Se o vello Sinbad volvese ás illas do mestre da imaxinación Álvaro Cunqueiro.. Nesta novela tamén o mariñeiro Sinbad anda xa vello polas tabernas contando as súas aventuras e ninguén llas cre, só lle fai caso o seu criado Sari. Cunqueiro e Alba homenaxean o mar e os mariñeiros, pero sobre todo a fantasía e a arte de contar claro, ben e seguido, coma no conto oral. Ese conto oral que inspira Á lus do candil, de Ánxel Fole, aínda que nas terras montesías do Incio e do Courel, mais coincidindo nos temas con este libro: as lendas, as historias, os milagres, as supersticións.. E como tamén facía D. Álvaro en Os outros feirantes, na galería de personaxes mestúranse homes a animais que son tratados polo narrador coma se fosen homes: o can Bule que convida os amigos a comer ou o xabaril que se mete na cama do hotel. E xa non digamos o burro que fuma e toma licor café. Talmente o cabalo Cheval ou o corvo Vicente de D. Álvaro.
Ramón Cabanillas puxo o Rei Arturo a camiñar polo Cebreiro, Alba acomoda na Lanzada o mito da Atlántida, o rapto de Europa e o touro, o Ciclope. El versificou a lenda da Franqueira, Alba no seu mellor conto adaptou a lenda do bico na Lanzada.
Por outra banda estes relatos están na mellor tradición dos nosos primeiros narradores do s. XIX e principios do XX, como os Contos de Asieumedre de Lugrís Freire (a quen lle dedicamos as Letras Galegas este ano) ou Beira do Lar de Pérez Placer. O conto serve para nos ir achegando a retranca do paisano, o léxico enxebre que se lles explica aos estranxeiros veraneantes que falan en castelán; o tío Antón e o seu compadre vannos soltando unha restra de refráns e fraseoloxía do lugar.
Rafael Dieste, un dos nosos mestres do conto, deixou escrito o seguinte: O remate é unha imaxe que fai estoupar o conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente. Este estralo final de foguete conségueo moi ben Alba grazas en parte á figura do compadre que sempre ten a frase axeitada, a ironía, o humor para deixarnos con ese agradábel sabor de boca do conto ben feito.
Estamos hoxe neste edificio do Café Moderno con moitas resonancias literarias, aí fóra acompáñanos o mellorciño da nosa literatura, o mesmo que o Café Voltaire de Ourense onde se reunían Vicente Risco e os seus amigos. Este noso libro de contos vai elevar tamén á categoría literaria na literatura galega a un novo tipo de local de reunións, un chiringuito de praia. Si, o máxico chiringuito da Lanzada dese singular Arturo vaise converter no centro dos relatos porque é alí onde se xuntan os personaxes e van saíndo as historias. Resulta que ese verán chovía decote e a xente mataba o tempo cos contos do tío Antón na praia. Na Limia Baixa que cantou Euloxio Paz, as historias xurdían ao lume da lareira nas noites de inverno. Aquí nas Rías Baixas xorden dentro do chiringuito no verán, son outros tempos.
Así o libro transfórmase nun monumento máis da paisaxe da Lanzada. Mais, a Deus grazas este non é un dos abondosos exemplos de feísmo que estragan a nosa terra. Non, élles fiel á lingua, os costumes e a forma de ser da xente que non está vista cos ollos do turista madrileño con aires de superioridade ou do indiano que volve rico e desleigado. Non, neste caso a autora integrouse na paisaxe, no mundo da Lanzada e convérteos no seu mundo mítico, no seu pequeno Macondo, na súa nova Auria. Un mundo tan marabilloso que rapaces, vacas e ovellas bailaban todos a lambada ao mesmo ritmo movendo o lombo para diante e para atrás. E tamén este fragmento dun inesquecíbel e soñado carnaval do mar: Oíase unha música suave que espertaba as cousas, pouco a pouco íase animando todo. Unha orquestra de peixes tocaba: os xurelos eran os gaiteiros, as ameixas tocaban a pandeireta, os croques os pratiños, un barbo o pandeiro, un sanmartiño o bombo e o batería era un longueirón. Toda unha festa de máxicos seres do mar: a serea, o golfiño, o polbo, o marraxo, todos humanizados. Neste máxico Noalla non faltan nin os Elfos do Señor dos Aneis.
Cando lean Contos e lendas da Lanzada, verán que asoallar é tomar o sol, pórse á raxeira. Cando este verán vaiamos á praia nesta nosa fermosa ría. Para que ir a outra tendo esta marabilla? Imos levar Contos e lendas da Lanzada e debaixo do paraugas ou á sombra do chiringuito, que mellor cousa para pasar ben o tempo (como dicía o pai de Alba) que poñernos a ler e mesmo á hora da sesta deixarnos levar pola soneca e soñarmos meténdonos a nós mesmos nestas historias. Porque “o home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños”, en palabras de Cunqueiro. Podemos acompañar os normandos nas súas correrías, asistir á chegada de Virxe na barca de pedra ata a ermida que vemos na portada do libro, escoitar as campás da cidade asolagada de Lambriaca, darnos o baño das nove ondas e moitas cousas máis.
E tamén podemos aprender moito. Por que debemos ter tanto coidado cos andeiros? Que significa a palabra Salnés? Por que hai demasiados corvos e pegas na Lanzada? E Portonovo que ten que ver cun sunami? Como se cura o cuspe dun sapo?, que non hai médico que o cure. E o paxaro que vixía a praia, por que está aí?
Pois as respostas estanlles todas no libro. Non deixen de buscalas.
Tamén poden coñecer as supersticións que hai polo Salnés: as bromas da noite de san Xoán, os aquelarres das bruxas na praia das Areas Gordas, o meigallo, os perigos do mal de ollo, que sei eu…
Lean o libro de vagar, conto a conto, saboreándoo coma un viño con tempo. Nada de présas. Xa verán como lles presta. Como lles prestou a vida a unha parella de velliños dun dos contos. El foi mariñeiro e viu que nas Américas, igualiño que aquí, tamén había unha Lanzada, e unha Puntada, e unha Cruzada, e un San Salvador. Os velliños morreron coma andaran en vida, xuntos e abrazados. Unha banda de rulas acompañounos ao cemiterio, os paxariños vanlles cantar á lápida e os veciños lévanlles flores frescas á cruz cada día. Non me negarán que isto ten moito máis sentidiño ca tódolos programas do corazón de todas as teles. Coma esta hai varias historias de amor moi ben integradas no mar, na paisaxe.
Como profesor de literatura galega teño que darlle as grazas a Alba por convidarme a este bautizo dunha nova escritora en galego. Acaba de pasar o Día das Letras Galegas que celebramos desde 1963. Van 43 autores homenaxeados. Saben cantas mulleres? Pois empezamos moi ben, no 1963, Rosalía de Castro e anos despois Francisca Herrera Garrido, e ningunha máis; xa ven, só dúas mulleres e 41 homes. Mais, por fin nas últimas décadas está a xurdir nas nosas letras unha abondosa xeración de mulleres escritoras, xa era tempo. E na xeración máis nova a literatura xa é cousa de mulleres. Este venres acompañaremos a unha alumna a recoller un premio de narrativa en Santiago, había oito premios e os oito foron para rapazas. Pois mercé a Contos e lendas da Lanzada, Alba pasa a formar parte da mellor xinea de mulleres escritoras galegas: Pura e Dora Vázquez, Marica Campo, Lupe Gómez e tantas outras.
Como profesor de lingua galega tamén me alegro ao ler estas historias da Lanzada. Hai moito léxico interesante. Topamos con abocañar (mellorar o tempo) acañado, alto coma unha taloira, paxarome (ultralixeiro).
O galego aprendeuno a autora de nena nas terras limegas e tamén o portugués cando a súa avoa a levaba tomar os baños a Viana do Castelo e a meniña volvía falando un portugués cheo de sutaque. Logo estudou outras linguas e mesmo ten un libro sobre fonética escrito en inglés que foi publicado polas universidades de Oxford e Santiago.
Ademais aquí fixo o esforzo de recrear a variante galega do Salnés e poñela na boca de toda unha rea de personaxes curiosos. Como o Tolo da Carola que lía O Capital de Marx e a Tagore e que nos conta a súa primeira confesión: O cura preguntoume se cometía actos impuros, como eu non entendía a palabra, dixo deshonestos, coidei que era roubar, e como algúns melóns afanabamos para comer … díxenlle que si, entón preguntoume cantas veces, eu díxenlle dúas, parecéronlle poucas e insistía en que lle dixese a verdade, así que para contentalo aumentei a catorce, entón preguntoume se só ou acompañado, eu pensei, para quedar mellor voulle dicir a metade só e as outras sete con outros. Entón armouse a marimorena…
Finalmente gustaríame que reparen nas descricións dos animais (unha donicela coa súa bata de pel lustrosa castaña e branca.. saíu do escondite) e nas dos personaxes ao comezo dos relatos. Escoiten como é o Tío Antón, quen nos vai acompañar durante toda a lectura:
Este lobo de mar é forte e rexo coma un carballo; nembargantes ten un corazón brando; anque rudo é tenro, algo soñador e romántico. As orellas abucinadas; a faciana dourada pola brisa do mar ten as enrugas contrapeadas coma os sucos das nosas veigas; o nariz basto parece sen rematar; os ollos da cor do mar, ora azuis, verdes, pardos, aceirados… segundo que haxa temporal ou estea calmo; coma os peixes ten o pescozo curto e pouco marcado.
Curiosa simbiose co mar a deste home.
No limiar dise que as historias presaxian un tráxico final, será certo? Vostedes dirán, pero non esquezan que por moi negro que todo pareza sempre a solidariedade, a axuda dos demais pode cambiar o panorama.
Máis nada,
Parabéns Alba, polos Contos e lendas da Lanzada, xa ves que a criatura che saíu riquiña!
Pontevedra, 29 de maio de 2006-05-29
Anxo González Guerra
En un verano lluvioso, un pescador, el Tío Antón, entretiene a los veraneantes en el chiringuito de Arturo contando deliciosas historias y leyendas de la zona. Las narraciones son breves, insólitas, con toques poéticos y chispas de humor. La interacción entre el Tío Antón y su contrapunto, el compadre, aporta el humor, con la retranca y sorna gallega. También utiliza la autora “humor del absurdo”, que produce gran hilaridad.
Además de divertir, se pretende plasmar una estética popular gallega de tradición oral sobre el tema de la comunicación, y se denuncia el desarraigo y la incomunicación de los ancianos en la sociedad actual. El tono de comedia inicial decae con el personaje y se convierte en drama: al otrora gran comunicador, en su vejez nadie le escucha excepto su difunta esposa con la que pasa las noches hablando en el cementerio; porque el demenciado Tío Antón afirma que le escucha aunque no le hable; su silencio lo atribuye a que era muy callada.
Historias y personajes fantásticos surgen del océano en los brumosos amaneceres y se desvanecen en las esplendorosas puestas de sol. Entre líneas se percibe el oleaje de este mítico oceano en el que la dorna del Tío Antón, A Lanzada, se mece y danza sobre las olas como una gaviota. El Tío Antón, recio lobo de mar, no obstante tierno, relata milagros de Nuestra Señora, describe supersticiones y ritos ancestrales, personajes y anécdotas insólitos, también cuenta, de forma somera, la historia y costumbres locales.
Algunas historias son para divertimento, otras además de entretener transmiten valores. Conmueve el amor del Tío Antón por su esposa, que recuerda a la madre tierra, más allá de la muerte, y el delicado erotismo de este hombre rudo y elemental; también el amor del peregrino por su dama que transciende el aspecto físico y sobrevive a la fealdad y al paso del tiempo; también están presentes los siguientes valores en esta obra: la defensa de mujer, la solidaridad, el trabajo, la unión, la yuda, la alegría de vivir, la hospitalidad, la amistad, la gratitud, la consideración, la comunicación, la paz y la humanidad, valor superior, que salva del horror y la muerte a personas condenadas por el fanatismo de las ideologías.
El Tío Antón y el compadre dan unidad a la narración en una estructura de novela inusual, aunque con antecedentes en la novelística española; los breves diálogos entre ambos muestran la personalidad de cada uno, los contrastes de creencias, la ingenuidad y la retranca, el realismo y la incoherencia, la credulidad y el escepticismo, presentes en el subconsciente colectivo gallego. El escenario es el chiringuito, que Arturo convertirá en mítico.
El libro es deliberadamente sencillo, tanto por lo que se refiere a la estructura como al lenguaje y a las historias. Nuestro gusto minimalista persigue efectos estéticos con escasos ornamentos, solo con gracia, fantasía y estilo. También nos propusimos facilitar la lectura, hacerlo ameno, divertido, auténtico y asequible a todos, aún a los que leen poco y a los que no suelen hacerlo en gallego.
Aunque en la versión inicial está en normativo, en la presente edición usamos el gallego hablado en la zona, por autenticidad, así como para validar el habla de quienes durante siglos hablaron gallego -y son, por ello, depositarios del espíritu de la lengua- no los urbanitas que solo recientemente lo usan, y también, porque los aldeanos comentan dolidos: “ Antes ríanse de nos porque falábamos galego e agora rinse de nos porque non o sabemos falar. Somos ben desgraciados!”; finalmente, porque creemos que puede ser útil en un futuro a los estudiosos de la historia de la lengua para seguir su evolución y establecer las variantes de la misma. Por el mismo motivo utilizamos una ortografía no totalmente normativa, que transcribe la prounciación real.
El libro ha sido traducido por la autora al castellano y al inglés, actualmente se está gestando la publicación escrita también en estas lenguas. En inglés ya está en soporte informático en internet: www.inicia.es/de/albapaz
La autora: ALBA NÉLIDA PAZ FRAMIL
Alba Nélida Paz Framil naceu en Ourense na rúa da Paz o un de febreiro de 1934. Criouse na Limia Baixa. Viu o mar por primeira vez en Viana do Castelo onde ía coa súa avoa a tomar os baños, alí xogaba coas meniñas portuguesas e volvía falando portugués. Así que fala galego, español e portugués desde a infancia. Estudou os tres primeiros cursos de bacharelato por libre, de 4º a 7º nas Carmelitas de Ourense, ao mesmo tempo cursaba maxisterio por libre. Ao acabar o bacharelato aprobou as oposicións de maxisterio. Estivo un ano de mestra en Buscalque, pintoresca aldea anegada baixo salto de Lindoso. En 1955 empezou Filosofía e Letras na universidade de Santiago,ó primer ano por libre, despois por oficial, coincidindo alí coa xeración Revival. Os tres anos de especialidade cursounos en Salamanca polo Plan Tovar. Licenciose en Filoxía Moderna-inglés, francés e español- na devandita universidade, en 1960. Estivo de lectora de español en Londres e ensinou lingua, literatura e cultura inglesa na Facultade de Filoloxía de Salamanca. Entón participou moi activamente na creación do club universitario Anaya. En 1964 aprobou a oposición a cátedra de inglés, sendo Ferrol o primeiro destino. Foi directora do Instituto Feminino de Ferrol. Trasladouse ó Instituto Sánchez Cantón en1972 e foi catedrática de inglés do devandito Instituto ata a xubilación en 2004, é dicir 32 anos. De 1987-88 fixo o curso de Formadora de Formadores de Inglés, diploma otorgado pola universidade de Santiago. Estivo doce anos en comisión de servizo dedicada á formación do profesorado da provincia de Pontevedra. En 1990 recibe o título de doutora en Filoloxía Angloxermánica na universidade de Sevilla. No 2000 volve ao Instituto, etapa moi satisfactoria na súa vida profesional, tanto polo que se refire o ensino, como a relación con alumnos e compañeiros/as. O séu libro “Funny Stories for Remedial Pronunciation” (http://www.inicia.es/de/albapaz) foi publicado en 2001 polas universidades de Oxford e Santiago en colaboración. Presentou ponencias relacionadas co ensino e a lingüística en varios congresos e universidades españolas e extraxeiras. Como se ve, a maior parte da súa vida pasouna en Pontevedra, así é que ademais de orensana, considérase pontevedresa e noallesa; porque ten unha casa na Lanzada onde lle gusta presenciar as postas de sol, ver o mar, pasear e andar en bicicleta Alterna estancias entre Noalla e Pontevedra. Actualmente está xubilada e dedícase a pintar e a escribir.
El lunes compartiré la presentación de mis libros “Andaremos, amor andaremos” y “El gran devorador y otros relatos” con una gran narradora gallega, Alba Paz. que hablará de su libro “Contos e lendas da Lanzada“.
En nuestro acto, el gallego y el castellano se unirán en la poesía y la narrativa, nada más hermoso que la conjunción de voces.
Dice de Alba, Xosé Luis Méndez Ferrín “… Alba Nélida Paz Framil, pertence á caste dos tocados por unha graza: a de decir as cousas de forma non comunal e a de facelo coma quen respira, sen deliberancia. Tanto na oralidade cotián coma na palabra escrita, a autora maniféstase dotada de levidade, de evanescencia lírica, de dimensións celestes, de humor e de fantasía…”. “…Alba Nélida é dona e mestra de galego, castelán e inglés, sen sabermos ben por cal delas debemos comezar a lle pór ordinais de preferencia. Da graza e do talento literario unido ao rigor mental que esixe a gramática, sae este libro, por exemplo, no que a disciplina e rigor narrativo se alía coa evanescencia do goce estilístico…”
Será en el Salón Laxeiro del Café Moderno a las 20 horas.
Esto que o lector sostén nas mans é un libro da especie dos que conteñen unha historia destinada a permanecer nos corredores interiores do lector. A súa autora, Alba Nélida Paz Framil, pertence á caste dos tocados por unha graza: a de decir as cousas de forma non comunal e a de facelo coma quen respira, sen deliberancia. Tanto na oralidade cotián coma na palabra escrita, a autora maniféstase dotada de levidade, de evanescencia lírica, de dimensións celestes, de humor e de fantasía. Non lonxe do sitio onde se criou Paz Framil encóntrase o Lugar mítico do Rio Caldo, onde hai augas fluviais que baixan quentes pé da vía romana do Xurés. Ouvín eu decir alí que entre o mar e o Río Caldo hai un conduto subterráneo, e haberao. De xeito que o encher e o devalar das marés aprésase naqueles lugares fantásticos que seguramente xa resultaban fascinantes nos días do Emperador Antonio Pío a xulgar pola disparatada erección compulsiva de miliarios inútiles que aparece pola zona, así na parte hoxe española coma na portuguesa de Vilarinhos de Furnas. Alba Nélida alén de posuír o don da palabra, é unha científica dela. Licenciada en Filoloxía Moderna: inglés, francés e español pola Universidade de Salamanca, e doutora en Filoloxía Angloxermánica pola Universidade de Sevilla, son ben coñecidas as súas exploracións no campo da filoloxía aplicadas ó ensino da que considero a súa segunda lingua porque desde nena fala galego, castelán e portugués. Alba Nélida é dona e mestra de galego, castelán e inglés, sen sabermos ben por cal delas debemos comezar a lle pór ordinais de preferencia. Da graza e do talento literario unido ao rigor mental que esixe a gramática, sae este libro, por exemplo, no que a disciplina e rigor narrativo se alía coa evanescencia do goce estilístico. E, aínda que non o crean vostedes, neste libro confírmase o que me contaron no Xurés ao pé dun vello cortello de oso. Que o mar circula alí por baixo da terra, aínda que só sexa en forma de alegoría únense o mundo do Atlántico no que Alba Nélida Paz Framil vive como persoa real e o universo da reminiscencia infantil que se encontra terra-moita terra, e montaña adentro, na bacía e val do Río Limia ao que o Caldo vai dar. Mar e fantasía terrestre conflúen neste libro e a palabra alada e a frase feliz de Alba Nélida confabúlanse para convertelo en memorábel.
Xosé Luis Méndez Ferrín
PRESENTACIÓN DO LIBRO “CONTOS E LENDAS DA LANZADA”
Autora: ALBA NÉLIDA PAZ FRAMIL
Dia: 29 de maio d0 6000
Hora: 8 tarde
Local: Fundación Caixa Galicia, sala Laxeiro
Enderezo: Plaza de S. José (coas estatuas da Tertulia literaria), Pontevedra
A autora invita especialmente ós veciños de Noalla
LIMIAR
Un pescador, o Tío Antón, nun verán chuvioso, entretén ós veraneantes, no chiringuito da praia, contando historias, mitos e lendas locais. As narracións son curtas, agudas, insólitas e máxicas. Alusións ó tempo e a vida do Tío Antón danlle unidade ó libro. Os contos e a interacción amosan as personalidades do Tío Antón e mailo compadre. O ton inicial de comedia decae co personaxe principal e convértese en drama: ó ancián Tío Antón, outrora animador e gran comunicador, na súa vellez ninguén o escoita agás a súa defunta muller.
Unha visión mítica do mar inspira historias fantásticas; outras relatan costumes, personaxes e crenzas locais. Téntase plasmar unha estética popular galega de tradición oral sobre o tema da comunicación, e asemade denunciar o illamento e abandono afectivo ó que a sociedade de consumo condena ós vellos.
Recóllense os usos locais e os dobletes coexistentes na lingua oral por razóns de autenticidade e tamén porque pode ser útil no futuro ós estudiosos da historia da lingua. O libro está dirixido a lectores adultos, de gustos e cultura diversos.
Consta de X partesI. Contacontos. Presenta os personaxes, o Tío Antón e o compadre, asemade o escenario. O Tío Antón e mailo compadre dan unidade á narración nunha estructura de novela inusual, anque con antecedentes notables na literatura española; os breves diálogos entre ambos subliñan a personalidade de cada un, os contrastes de crenzas, a retranca e inxenuidade, o realismo e a incoherencia, a credulidade e o escepticismo, subxacentes no subconsciente colectivo galego. O escenario é o chiringuito, que por mor de Arturo, elévase a categoría de mítico.
II. Tempos Remotos. Lendas de vaga lembranza.
III. Históricas. Combinan datos históricos con fantasía.
IV. Milagres. Relatan con humor algúns milagres da Virxe.
V. Supersticións. Describe ritos e supersticións ancestrais .
VI. Relatos. Sobre costumes e anécdotas.
VII. Persoeiros. Personaxes e sucesos insólitos
VIII. Fantásticas. Contos baseados nunha interpretación mítica do mar e da naturaleza.
IX. De amor. De amor e máxicos.
X. Ocaso. O tema é a decadencia e a morte. A despedida na praia e o ánimo do Tío Antón, patente nas historias, introducen o ton de drama e presaxian un tráxico final.
PROLOGO do poeta Xosé Luis Méndez Ferrín, que di entre outras cousas
Extracto:
“A autora, pertence á caste dos tocados pola graza: a de decir as cousas espontaneamente como quen respira, sen deliberancia. Tanto na oralidade cotián coma na palabra escrita, a autora maniféstase dotada de levidade, de evanescencia lírica, de dimensións celestes, de humor e de fantasía….
Mar e fantasía terrestre conflúen neste libro e a palabra alada e a frase feliz de Alba Nélida confabúlanse para convertilo en memorábel”
El islote Outeiriño ya ha florecido, está cubierto por un espeso tapiz de flores púrpura, pero son muy tímidas, se ocultan al atardecer. Los días están soleados. Hay algunas mejoras se esperan mejoras, se han mejorado los accesos a la Playa Grande en la parte correspondiente al ayuntamiento del Grove, en la de Sanxenxo, por el momento, se plantaron flores en la isleta situada entre el Hotel Lanzada y el Con del Pájaro.

Nos consta que el Ayuntamiento de Sanxenxo ha destinado 700.000€ a mejoras en A Lanzada, de ellos 60.000 a reconstruir la Torre y la ermita. Nos congratulamos de las mejoras de esta zona mítica, con bello entorno y culturas ancestrales. También se va a construir el muy necesario paso elevado a la altura de la rotonda para que puedan acceder a la playa sin peligro los peatones procedentes de la Revolta.
Nos inquieta, sin embargo, que aún no se hayan tomado ni siquiera se anuncien las apremiantes medidas de seguridad vial demandadas por los vecinos, residentes y visitantes y presentadas al alcalde de Sanxenxo por la Plataforma Mejoras para La Lanzada. Les tendremos al corriente en Lanzada.blog.com . Visítelo y envíe también sus comentarios y sugerencias.